{"product_id":"zapatillas-rotas","title":"Zapatillas rotas","description":"\u003cp\u003e O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de \"Zapatillas rotas\" por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. \"Zapatillas rotas\" trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 400\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2014.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Quiroga, Xabier \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499147000 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 319059\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54276706206020,"sku":"9788499147000","price":23.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914700.jpg?v=1739807950","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/zapatillas-rotas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}