{"product_id":"xesus-alonso-montero","title":"Xesus alonso montero","description":"\u003cp\u003e Xesús Alonso Montero, que naceu en Vigo, tomou primeiro contacto pragmático e afectivo coa lingua galega, ós nove anos, en Ventosela do Ribeiro, onde pasou a residir por traslado da familia. En Vigo, máis cativo aínda, xa puidera observar, con entendemento infantil, pero entendemento, á fin, o xúbilo do triunfo da Fronte Popular e a atrocidade que significou o estalido da Guerra Civil. En Ribadavia, no colexio Academus, mediante D. Bernardino Graña Refojos, tivo a ocasión de se entusismar coa palabra, coas palabras organizadas en textos e coa plabra como obxecto de estudo, circunstancia que determinou que elixise para os seus estudos universitarios a carreira de Filoloxía Románica. Non tardou o profesor Alonso Montero en sentir devoción pola obra de Antonio Machado, sobre todo pola parte desta obra que ten que ver co compromiso social, co socialismo e co republicanismo. En 1962, cando ingresa no Partido Comunista, xa se atopara con textos marxistas, coa figura de Marx, aquel humanista ó que considera primeiro intelectual contemporaneo coa condición de sabio e xusto lector do texto que ofrece o mundo no que vivimos. Con estes vimbios e con outros semellantes, que sería prolixo citar nesta breve contraportada, constrúese a personalidade intelectual e civil de Xesús Alonso Montero (Palabras e compromiso), da que se dá cumprida información nas páxinas deste libro. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 68\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2010.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  IR INDO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Hermida, Modesto \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788476806586 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 265109\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47274403496260,"sku":"9788476806586","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978847680658.jpg?v=1739734219","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/xesus-alonso-montero","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}