{"product_id":"xan-do-arranaldo","title":"XAN DO ARRANALDO","description":"\u003cp\u003e Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia.Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana \"A Beltranexa\" como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal.Este libro trata das aventuras e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da \"boa vila\" ao seren cercada polas tropas dos reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos, grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila.Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta con sal e olas.A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixeron da cidade unha das vilas máis ricas e poboada da península ibérica durante máis de douscentos anos e a máis grande de Galicia.É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 172\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rafael Fontoira Sur¡s \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874034 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 606725\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47482617790788,"sku":"9788484874034","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487403.jpg?v=1740089862","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/xan-do-arranaldo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}