{"product_id":"vitamina-n-fuhk522hca","title":"VITAMINA N","description":"\u003cp\u003e As probas indican que as experiencias nos espazos naturais poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade, axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía, reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade, reforzar a ética conservacionista Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía provocou a aparición do denominado trastorno por déficit de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos o medio natural pola cidade;da comunidade rural pasamos a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan ou ven series de televisión;para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 320\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2010.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  FAKTORIA K DE LIBROS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Louv, Richard \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416721504 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 682162\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54318646001988,"sku":"9788416721504","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841672150.jpg?v=1740247113","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/vitamina-n-fuhk522hca","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}