{"product_id":"vigo-abella-da-ribeira","title":"Vigo, abella da ribeira","description":"\u003cp\u003e «Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Esta escolma é unha reflexión sobre como se foi conformando a súa identidade de cidade portuaria atlántica e bimilenaria, onde todo chega e marcha polo mar. Cidade cifra da Galicia contemporánea, na que caben todas as Galicias posibles. Co formato dun libro de esbozos biográficos, estas prosas viguesas relatan as vidas de persoas de moi diversa procedencia, dende mariñeiros e obreiros a deportistas, médicas, escritoras e taberneiras, que co seu criterio e entusiasmo, mesmo coa achega da súa propia vida, contribuíron na construción do proxecto colectivo dunha cidade estrépito e feroz, de guindastres asombrados, abismo e paraíso. «As crónicas aquí reunidas son un galano de orgullo e de autoestima. Un antídoto efectivo contra o esquecemento e o espectáculo. Un norai de palabras onde amarra o corazón da cidadanía viguesa. Un porto seguro. A baía dentro da baía.» Fran P. Lorenzo. «A través de cada texto de¿«Vigo, abella da ribeira» lemos a cidade, porque neles está escrito o noso tempo e, polo tanto, este libro constitúe tamén unha nova achega á identidade de Vigo, transformándoa, escribíndoa.» Oriana Méndez. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 288\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Bragado, Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411102407 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 858002\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54373158027588,"sku":"9788411102407","price":20.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110240.jpg?v=1740850539","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/vigo-abella-da-ribeira","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}