{"product_id":"vida-e-obra-de-francisco-anon-antoloxia-poetica","title":"VIDA E OBRA DE FRANCISCO AÑON. ANTOLOXIA POETICA","description":"\u003cp\u003e Para conmemorar o segundo centenario do nacemento do poeta Francisco Añón, Editorial Galaxia publica, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, unha antoloxía da súa obra poética acompañada por unha introdución biográfica. Ramón Blanco é o autor do relato biográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dos autores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. A obra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ou rexistros líricos do poeta, que non publicou libro ningún en vida, polo que agrupar a súa obra ten unha grande importancia de cara ao seu maior coñecemento e difusión. Francisco Añón (Outes, 1812 - Madrid, 1878) foi revestido dunha sona de poeta romántico, aventureiro e bohemio que contribuíu a ocultar un gran talento para a versificación, un amplo dominio lingüístico e unha fonda cultura. O paso polo seminario e pola universidade torceron o camiño de quen nacera labrego para convertelo, entre o popular e o libresco, nun dos primeiros e senlleiros escritores galegos no século XIX. Para gañar a vida foi profesor, libreiro, tradutor, arquiveiro e mesmo secretario. De ideoloxía progresista, uniuse ao movemento provincialista e chegou a militar no federalismo republicano. Cando morreu, a maior parte da súa obra estaba dispersa en xornais ou inédita;poucos intuían que o seu himno \"A Galicia\" fora o facho que en 1861 prendera a mecha do Rexurdimento.Antoloxía poética \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 156\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  BLANCO, RAMON \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498654554 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 247337\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272926150980,"sku":"9788498654554","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865455.jpg?v=1739723125","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/vida-e-obra-de-francisco-anon-antoloxia-poetica","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}