{"product_id":"vermellos-e-laicos-a-represion-gascista-do-maxisterio-cor","title":"VERMELLOS E LAICOS. A REPRESION GASCISTA DO MAXISTERIO COR","description":"\u003cp\u003e Este libro que tes nas mans inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia. Unha colección que quere botar luz onde moitos só queren escuridade. A defensa do laicismo foi unha das apostas máis rupturistas e arriscadas dos republicanos. A Constitución de 1931 estableceu que o Estado carecía de relixión oficial, polo que os dogmas do catolicismo deixaron de se ensinar nas escolas, das que tamén desapareceu a simboloxía relixiosa. A partir de entón, no sistema educativo só habería espazo para a educación moral, que debía inspirarse no cultivo da tolerancia. O enfrontamento coa Igrexa, afeita a gozar de monopolios e prebendas sen taxa, resultaba ineludible, e, por \"vermellos e laicos\", foron castigados unha boa parte dos mestres e mestras, como demostra este libro, onde se analizan os cargos que se lles apuxeron. Unha represión que ía desde o asasinato á sanción administrativa máis ou menos contundente, e que tamén afectou a moitos outros grupos sociais e profesionais, dado que tivo un carácter masivo. Un estudo rigoroso que fai, tamén, dalgunha maneira, revisión dunha tremenda inxustiza. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 388\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2021.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  NARCISO DE GABRIEL \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491516149 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 749466\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54331776860484,"sku":"9788491516149","price":27.55,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151614.jpg?v=1740426720","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/vermellos-e-laicos-a-represion-gascista-do-maxisterio-cor","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}