{"product_id":"vantaxes-e-inconvenientes-de-case-todo","title":"Vantaxes e inconvenientes de case todo","description":"\u003cp\u003e Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e de barcos. Fala tamén do papel da escritura para apresar fragmentos da vida e observalos ao trasluz. Xosé Cermeño faino con humor e cun xeito moi persoal de sospeitar que case nada pasou como nolo contaron. O xénero das prosas breves tivo grandes cultivadores ao longo da historia, e está sempre disposto a renovarse, alimentado pola curiosidade e a intuición dos escritores máis inquietos. O máis pequeno pode ser literariamente moi grande e profundo. Ademais, como demostra este libro, tamén pode ser divertido. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 144\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2025.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Cermeño, Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788411763967 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 1034931\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54885501960516,"sku":"9788411763967","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841176396.jpg?v=1747853381","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/vantaxes-e-inconvenientes-de-case-todo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}