{"product_id":"unha-ultima-carta","title":"Unha última carta","description":"\u003cp\u003e \"Unha última carta\" transpórtanos a unha pequena e fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas... As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes... Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático, cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres, e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 48\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Papatheodoulou, Antonis \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484642718 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 505027\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47290396344644,"sku":"9788484642718","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848464271_74281e17-5298-4377-93aa-9b76fdfd13b4.jpg?v=1739986126","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/unha-ultima-carta","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}