{"product_id":"unha-nacion-no-mundo","title":"UNHA NACIÓN NO MUNDO","description":"\u003cp\u003e O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país;eliminou a Xunta do Reino;forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Malia todo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación, como nación no mundo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 736\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Nogueira, Camilo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491214687 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 643574\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54314055926084,"sku":"9788491214687","price":33.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121468.jpg?v=1740180618","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/unha-nacion-no-mundo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}