{"product_id":"unha-corrente-salvaxe-e-historia-dunha-desconecida","title":"Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida","description":"\u003cp\u003e Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d' Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, \"a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos\".En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.\"Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio..., nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente\" (X. M. Eyré).\"Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica... Unha auténtica bomba de reloxería... Todo un pracer lector do que non convén privarse\" (Armando Requeixo). \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 214\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Raúl Dans \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874751 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 714880\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54323189645636,"sku":"9788484874751","price":17.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487475.jpg?v=1740323936","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/unha-corrente-salvaxe-e-historia-dunha-desconecida","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}