{"product_id":"unha-branca-de-cobre-para-martino","title":"Unha branca de cobre para Martiño","description":"\u003cp\u003e Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narrada empregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha das moedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día no que cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou a bordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despois de tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous meses percorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaio Trinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novela clásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamente documentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlín como \"redonda\" e de \"lectura fascinante\". \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 112\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Carredano Cobas, Ramón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497823333 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 87789\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242839327044,"sku":"9788497823333","price":11.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849782333_3acac6a7-9f7b-4d5e-b476-3b574c07fd04.jpg?v=1739526111","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/unha-branca-de-cobre-para-martino","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}