{"product_id":"un-vento-que-pasa","title":"UN VENTO QUE PASA","description":"\u003cp\u003e Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasar o tempo lle contan os compañeiros de doenza -unha manda de lobos en procura do seu propio desamparo-. Simultaneamente, lembra e debulla a súa peripecia. Con cinismo e sarcasmo, o protagonista relata a historia da súa postración e soidade, do enclaustramento na súa casa de campo asistido por monxas mentres é arrastrado por ese vento que leva inevitablemente a todo mortal e un final inxusto. Velaquí a historia dun home atado a si mesmo, dun ser atravesado que soamente posúa unha certeza, a constancia dos seus erros. Un narrador escéptico e sagaz para quen a sabedoría é ao tempo condena e salvación. Ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente, o ton confesional desta novela de Alfredo conde fai abrollar a farsa cruenta da vida. Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquel patético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro. Unha esaxeración propia dun vello consentido. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 228\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Conde, Alfredo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491513537 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 670729\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54316923158852,"sku":"9788491513537","price":19.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151353.jpg?v=1740225270","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/un-vento-que-pasa","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}