{"product_id":"un-tren-cargado-de-misterios-fw38ez16sp","title":"Un tren cargado de misterios","description":"\u003cp\u003e Dende a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque onde a nena vive non hai estación. Un día o ferrocarril detense ao pé da casa e Ana recibe a invitación do revisor de subir a el. Axiña descobre que se trata dun tren moi especial: nel percorrerá os países do mundo enteiro e, ademais, terá que resolver o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis, a descuberta do libro das infinitas historias. A intriga, a fantasía, o xogo coas palabras, a existencia dun planeta diverso e plural, o valor dos libros e das historias fermosas que as persoas foron creando ao longo do tempo, en calquera país do mundo, para axudarnos a soñar e a vivir son as facetas máis destacadas deste novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Enjamio e destinado a lectores de sete anos en diante. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 56\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Fernández Paz, Agustín \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483026915 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242834772292,"sku":"87715","price":9.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848302691.jpg?v=1697825855","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/un-tren-cargado-de-misterios-fw38ez16sp","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}