{"product_id":"un-tipo-listo","title":"Un tipo listo","description":"\u003cp\u003e Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nos principais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menos grave dunha situación na que a escura personalidade do pai lles revela un inquedante legado ao que teñen que enfrontarse. A novela de Xosé Monteagudo premiada co García Barros 2009 ten trazas de crónica familiar e social, ao tempo que, cun dominio nada frecuente da materia literaria, propón unha reflexión sobre a relación pais-fillos, a herdanza como carga e como débeda que cómpre asumir para integrarse na sociedade ou a ruptura dos vencellos entre irmáns. Trátase dunha novela que busca un público lector amplo, na que o autor manexa a trama e dosifica a información de tal xeito que o lector se vai internando progresivamente nunha historia inzada de segredos e medias verdades. Mediante unha absorbente historia de suspense, esta novela de Xosé Monteagudo retrata unha sociedade na que as traxectorias de éxito son a miúdo o resultado das máis turbias intrigas. Premio García Barros 2009 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 356\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2009.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Monteagudo, Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498652222 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35185\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241882698052,"sku":"9788498652222","price":23.4,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865222_b1079479-3812-4703-8b76-4293a1d81a56.jpg?v=1739520195","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/un-tipo-listo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}