
Un pintor que sabía o que facía.
Un pintor que sabía o que facía.Achegas á obra pictórica de Luís Seoane.Recóllense neste volume catro ensaios dedicados a distintos aspectosda obra plástica de Luís Seoane (Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979).Ao longo dos diferentes estudos saliéntase como o estilo creado edesenvolvido por Seoane durante máis de catro décadas é froito duntraballo intenso e rigoroso, que parte da tradición da modernidadeinternacional para a partir desta construír os alicerces dunha pinturaprofundamente galega, e que se sitúa fortemente inserida nos valoresda tradición occidental, á que se achega con intenso rigor.En contraposición co costumismo dominante en moitos pintoresgalegos, Seoane, partindo de temas semellantes, depura a linguaxe até converter os mesmos temas nun universo propio, que, sendo intensamente persoal, consegue que nos impliquemos neles, que os sintamos como algo que nos singulariza de xeito intenso, ao tempo intelectual e afectivo.Faise fincapé en que estamos perante unha obra que é froito dunhaelaborada reflexión e que tende a unha progresiva esquematizacióndas figuras, favorecida polo uso dunha pintura plana e o contraste decores e liñas interdependentes en equilibrio coa realidade.Os logros deste labor, ben evidentes para quen se achegue á pintura,o gravado e o deseño de Luís Seoane, supoñen un dos capítulosmáis importantes na construción dunha arte galega aberta e firmemente ancorada no mellor da correntes internacionais. A súa maneira de concibir a arte nace, xa que logo, de frutíferas estratexias de representación das que vai agromar parte do máis valioso da pintura galega do século XX
Número de páginas: 100
Año de edición: 2016.0
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Idioma: GLG
Autor: Carlos L. Bernárdez
EAN: 9788484873068
Código interno: 381610
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
