{"product_id":"un-monstro-ven-a-verme","title":"Un monstro vén a verme","description":"\u003cp\u003e Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapaz que -malia estar asustado ante dureza coa que se lle presenta a vida: a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumir a verdade, a súa realidade. \"Un monstro vén a verme\" é unha extraordinaria e exitosa novela sobre o amor, a perda e a esperanza. A partir da idea orixinal da escritora norirlandesa Siobhan Dowd, que en 2007 perdeulle a batalla ao cancro, Patrick Ness tece unha historia emocionante, divertida e conmovedora na que o valor pode superar a dor. O seu tratamento da enfermidade e da morte non é frívolo, enganoso nin edulcorado, senón auténtico, contundente e audaz. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 148\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  FAKTORIA K DE LIBROS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Ness, Patrick \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416721566 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 695264\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54322057937220,"sku":"9788416721566","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841672156.jpg?v=1740300486","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/un-monstro-ven-a-verme","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}