{"product_id":"un-longo-e-tortuoso-camino","title":"Un longo e tortuoso camiño","description":"\u003cp\u003e Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008A obra Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009), da que é autor o historiador Xosé Ramón Quintana Garrido, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo. En base a unha ampla variedade de fontes documentais e cun enfoque aberto orientado pola historia do tempo presente e pola ciencia política, Un longo e tortuoso camiño expón como, desde unha posición precarizada e tendencialmente marxinal, o nacionalismo foi quen de construír unha organización, o BNG, coa que ir remontando dificultades até se converter nunha forza política \"que importa\".Segundo a análise de Quintana Garrido, desde finais dos anos oitenta o BNG tivo que emprender un longo e tortuoso camiño de adaptación e de cambio estratéxico e organizacional. Non sen contradicións e crises internas, o resultado foi pasar dunha inicial posición radical e antisistema a abrazar posturas máis moderadas e centradas coas que maximizar votos, cargos e políticas. Con todo, tales cambios están suxeitos hoxe en día a unha incerta revisión por mor da derrota electoral de marzo de 2009. O BNG encóntrase na actualidade nunha encrucillada crítica na que ten por resolver tres problemas complexos e ensarillados: de liderato, de discurso e proxecto, e de organización. De como se solventen vai depender o seu futuro: retroceder, recuperar posicións ou mesmo avanzar. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 412\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2010.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Quintana Garrido, Xosé Ramón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788471543196 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35296\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241889218884,"sku":"9788471543196","price":29.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978847154319_3340dceb-64ee-41cb-85c4-aa30584ea671.jpg?v=1739520269","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/un-longo-e-tortuoso-camino","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}