{"product_id":"un-e-sete","title":"Un e sete","description":"\u003cp\u003e Un relato necesario e esperanzador sobre a infancia, a tolerancia e a diversidade como antídotos contra a violencia e a guerra. Nun tempo en que non existían os teléfonos móbiles, o señor Bianchi, representante de comercio que viaxaba por toda Italia, chamaba todos os días a súa filla para contarlle un conto. Pero, como as chamadas eran moi caras, os contos debían ser moi curtos. Eses Contos por teléfono compoñen unha das obras máis importantes de Gianni Rodari e Un e sete é un deles. Paolo, Jean, Kurt, Yuri, Jimmy, Chu e Pablo. Sete nenos de sete cidades: Roma, París, Berlín, Moscova, Nova York, Shanghai e Buenos Aires. Sete nenos diferentes mais que son o mesmo neno. Sete nenos que rin na mesma lingua e que, cando medren, non poderán declararse a guerra porque serán o mesmo home. Beatrice Alemagna ilustra esta historia breve pero con gran significado, con imaxes cheas de texturas e cor, que achegan información adicional sobre as cidades dos protagonistas e en diálogo constante co texto. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 32\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rodari, Gianni \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788413432991 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 959017\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54423390191940,"sku":"9788413432991","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343299.jpg?v=1741615223","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/un-e-sete","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}