
Un e sete
Un relato necesario e esperanzador sobre a infancia, a tolerancia e a diversidade como antídotos contra a violencia e a guerra. Nun tempo en que non existían os teléfonos móbiles, o señor Bianchi, representante de comercio que viaxaba por toda Italia, chamaba todos os días a súa filla para contarlle un conto. Pero, como as chamadas eran moi caras, os contos debían ser moi curtos. Eses Contos por teléfono compoñen unha das obras máis importantes de Gianni Rodari e Un e sete é un deles. Paolo, Jean, Kurt, Yuri, Jimmy, Chu e Pablo. Sete nenos de sete cidades: Roma, París, Berlín, Moscova, Nova York, Shanghai e Buenos Aires. Sete nenos diferentes mais que son o mesmo neno. Sete nenos que rin na mesma lingua e que, cando medren, non poderán declararse a guerra porque serán o mesmo home. Beatrice Alemagna ilustra esta historia breve pero con gran significado, con imaxes cheas de texturas e cor, que achegan información adicional sobre as cidades dos protagonistas e en diálogo constante co texto.
Número de páginas: 32
Año de edición: 2024.0
Editorial: KALANDRAKA
Idioma: GLG
Autor: Rodari, Gianni
EAN: 9788413432991
Código interno: 959017
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
