{"product_id":"tres-segundos-de-memoria","title":"Tres segundos de memoria","description":"\u003cp\u003e Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post´fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narración é a interacción dese personaxe cos seus amigos e amigas sen moitos máis obxectivos visibles que o disfrute do sexo. Escrita cun estilo, fresco, directo e cargado de humor, Tres segundos de memoria, a novela de Diego Ameixeiras, gañadora do Premio Xerais 2006, fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade galega actual, onde a espontaneidade abrolla por enriba do politicamente correcto. Novela habitada por personaxes mozos, fracasados, maiormente cultos e con estudos pero desenganados e intencionadamente afastados dunha cultura que só os levou a engrosar as filas do paro e a prolongar traumaticamente unha adolescencia que xa non lles correspondía. Unha novela expresiva, escrita cun estilo fresco e directo e tremendamente cargada de humor. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 216\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2013.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Ameixeiras Novelle, Diego \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497824873 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 88765\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242897785156,"sku":"9788497824873","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849782487_e2aad62b-5bf0-44c5-889d-7704799a6768.jpg?v=1739526498","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/tres-segundos-de-memoria","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}