{"product_id":"tres-poetas-en-estado-de-alarma","title":"Tres poetas en estado de alarma","description":"\u003cp\u003e TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMAAutores: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negro e Vítor VaqueiroE no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María ÁlvarezCáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D\\\\\\\\\\\\'Artagnan) Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras. Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aqui leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días. Xavier Queipo, Bruxelas, Xuño 2020 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 104\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  SPA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negr \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874799 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 715510\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54323314164036,"sku":"9788484874799","price":14.94,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487479.jpg?v=1740326855","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/tres-poetas-en-estado-de-alarma","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}