{"product_id":"tres-pintores","title":"TRES PINTORES","description":"\u003cp\u003e Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza Tres pintores, a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio.  Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, Tres pintores relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo caralla intelecto bohemio contrariosa. Eles representan, na creación artística e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible. Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 104\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491214526 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 637367\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54311970144580,"sku":"9788491214526","price":18.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121452.jpg?v=1740151367","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/tres-pintores","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}