{"product_id":"tonino","title":"Tonino","description":"\u003cp\u003e Esta é a historia atípica dun pequeno pingüín, Tonino, que quere converterse nun auténtico beduíno. Para cumprir este soño extravagante, fuxe de casa e consegue chegar ata Tunisia! Unha vez alí, para atravesar o deserto, non dubida en comprarse un camelo, pero este, do mesmo xeito que a historia e o seu protagonista, tamén ten a súa singularidade: coxea e tropeza ao andar. Aínda que o desexo de Tonino é rechamante, non o é anhelar aquilo que dista do que temos ou somos, tamén é moi habitual que os pequenos se sintan atraídos pola aventura ou o descoñecido. Esta é unha característica da infancia e unha forma habitual de aprendizaxe. Por iso, non estamos ante unha decisión tan estrambótica. Tonino podería ser un neno ou adulto calquera que, coma todos, nalgún momento da vida, ansía saír da rutina e fuxir do que é ou cre que non é. O pingüín emprende ilusionado e cheo de expectativas esta aventura. Inicia, así, unha viaxe espazo temporal e, principalmente, de madurez e aprendizaxe. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 40\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2013.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  OQO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Salas Diaz, Miguel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498712520 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 749881\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47276086329668,"sku":"9788498712520","price":14.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849871252.jpg?v=1740427543","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/tonino","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}