{"product_id":"tic-tac-jy8sw6n0up","title":"Tic-Tac","description":"\u003cp\u003e Xa van dez anos dende que se publicara \"Tic-Tac\" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos\"perturbadora\", \"patética\" e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volume que inclúe, ao seu remate, o texto \"Autopsia. (Epílogo á inglesa)\", preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The Ohio State University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo. \"Tic-Tac\" é unh \"grande puzle\", como o define X. González Gómez, formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (à) \"Tic-Tac\" é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a \"Realidade\", senón unha \"realidade\": a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 320\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2003.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  De Toro, Suso \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497820028 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242886349124,"sku":"88709","price":25.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849782002.jpg?v=1697826334","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/tic-tac-jy8sw6n0up","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}