{"product_id":"texticulos-dramaticos-e-posdramaticos","title":"TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS","description":"\u003cp\u003e \\\"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema \\\"textículos dramáticos e posdramáticos\\\", que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación \\\"post\\\" que se lles reclama, como pola dimensión \\\"testicular\\\" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor). Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, \\\"de amor\\\", pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes \\\"textículos\\\" de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: \\\"Pero turbados los dos nos escondíamos\\\".(Do prólogo de Manuel F. Vieites)\\\"Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana. Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar.\\\"(O autor) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 134\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2014.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Afonso Becerra de Becerrea \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484872375 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 353385\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47278872199492,"sku":"9788484872375","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487237.jpg?v=1739841204","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/texticulos-dramaticos-e-posdramaticos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}