{"product_id":"test-de-galego-para-oposicions","title":"Test de galego para oposicions","description":"\u003cp\u003e O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Na súa redacción pódense observar catro partes principais:    * Propostas con cuestións referentes ao coñecemento da lingua galega. Son un total de 1000 preguntas, repartidas en 50 cuestionarios formados por 20 exercicios. A súa estrutura é a que segue:    a) Vocabulario de Medicina (da 1ª á 5ª pregunta).     b) Corpo humano (da 6ª á 8ª).     c) Léxico Administrativo (da 9ª á 11ª).     d) Léxico común (da 12ª á 15ª).     e) Morfoloxía, Sintaxe e Ortografía (da 16ª á 20ª).     * Cuestionarios das máis recentes convocatorias do SERGAS. Recollemos un total de 14 propostas, coas que se pretende ofrecer unha panorámica dos exercicios presentados nos últimos anos (de 2002 a 2005) para as diferentes categorías laborais (auxiliar de enfermería, celador\/a, servizo de cociña, etc.)     * Vocabulario específico. A modo de complemento, incluímos un vocabulario específico da saúde e da administración sanitaria. Trátase dos principais termos do léxico específico deste ámbito, agrupados nun glosario final coa finalidade de facilitar a consulta, cando esta fora necesaria.     * Solucionarios. Recollen as respostas correctas tanto aos 50 cuestionarios propostos como aos 14 correspondentes a convocatorias anteriores.    Como estratexia de aprendizaxe autodidacta, recomendamos o seguinte procedemento: 1º) realización dun único cuestionario, 2º) comprobación dos resultados;e 3º) identificación da causa dos posíbeis erros.     Agardamos que lectoras e lectores consigan perfeccionar o seu nivel de lingua galega e que tiren o maior proveito posíblel a esta obra. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 152\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2006.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  BAIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Fraga Celeiro, Xoán Carlos \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788496526464 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 494303\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54294699344196,"sku":"9788496526464","price":14.35,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849652646.jpg?v=1739965988","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/test-de-galego-para-oposicions","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}