{"product_id":"teno-14-anos-e-non-e-unha-boa-nova","title":"Teño 14 anos, e non é unha boa nova","description":"\u003cp\u003e Unha historia chea de esperanza sobre unha terrible realidade que sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil. Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aos seus catorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena de felicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza: alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Os soños de seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorar as condicións de vida da súa contorna esnaquízanse. Efi loitará por todos os medios para evitar ese destino cruel que a familia e a tradición trazaron para ela. A voz libre e progresista da protagonista elévase como unha denuncia, como unha chamada de atención para cambiar as cousas neste magoante pero esperanzador relato da colección Tiramillas para lectoras e lectores autónomos a partir de 12 anos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 144\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Witek, Jo \/ Estíbaliz, Jimena \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788413432533 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 919945\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54414582612292,"sku":"9788413432533","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343253.jpg?v=1741450689","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/teno-14-anos-e-non-e-unha-boa-nova","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}