{"product_id":"tempo-de-bebidas-isotonicas-e-fast-food","title":"Tempo de bebidas isotónicas e fast-food","description":"\u003cp\u003e Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro a gargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou polo emotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 168\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Alonso, Álex \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499149844 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 448467\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47282348196164,"sku":"9788499149844","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914984.jpg?v=1739871008","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/tempo-de-bebidas-isotonicas-e-fast-food","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}