{"product_id":"tecermos-redes-crearmos-comunidade","title":"Tecermos redes, crearmos comunidade","description":"\u003cp\u003e \"Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez\" é un monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras;como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez.  O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista.  Autoras dos artigos:  Alba Cid, Antía Marante Arias, Charo Lopez Sanches, Eli Ríos, Fernanda González Briones, Lara Dopazo Ruibal, María Boguszewicz, María Rosendo, María Vilariño Suárez, Mariña Fernández Reino, Mercedes Queixas Zas, Natàlia Oriol Fuguet, Neil Anderson, Patricia Mateo, Rosalía Fernández Rial, Sabela Pena García, Xoán López Viñas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 304\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Lema París, Ánxela \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491216766 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 712824\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54323113034052,"sku":"9788491216766","price":26.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121676.jpg?v=1740322270","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/tecermos-redes-crearmos-comunidade","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}