{"product_id":"sos-monstros-verdadeiros-ameazan-o-planeta","title":"SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta","description":"\u003cp\u003e SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos.  Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.  As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo.  ***    «Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos». Greta Thunberg  Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais.  O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODÓN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade!  Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos!  Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas! \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 50\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  BAIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  G. Rohde, Marie \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499953380 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 709576\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54322871271748,"sku":"9788499953380","price":20.16,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849995338.jpg?v=1740317280","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/sos-monstros-verdadeiros-ameazan-o-planeta","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}