{"product_id":"sonos-no-limiar","title":"Soños no limiar","description":"\u003cp\u003e Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra.Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso. Cada libro leva a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios. De todos sacaremos algo, leremos sobre vidas, ficticias ou reais, e non nos deixarán indiferentes.Soños do limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela, onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40. A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende, a visión do masculino e o feminino, os soños e esperanzas arrolados polos contos de Scheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites.Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites da hudud, vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita a un mundo moi amplo como é o árabe desa época. Un relato cheo de tenrura, nostalxia, espectáculos, bailes, comidas, sabores, sons, porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 238\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Mernissi, Fatema \/ Viéitez Ferro, Rocío \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875666 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 806440\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54365846602052,"sku":"9788484875666","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487566.jpg?v=1740754711","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/sonos-no-limiar","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}