{"product_id":"sonos-arquivos-cartas","title":"SOñOS. ARQUIVOS. CARTAS","description":"\u003cp\u003e \" Soños. Arquivos. Cartas \" é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. \" Soños. Arquivos. Cartas \" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, \" Soños. Arquivos. Cartas \" non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 80\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Cebreiro, María do \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491213321 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 596781\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54306045690180,"sku":"9788491213321","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121332.jpg?v=1740076890","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/sonos-arquivos-cartas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}