{"product_id":"son-noxento","title":"Son noxento","description":"\u003cp\u003e Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas. Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín.  E, aínda que non é agradable -nin sequera na ficción- tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario.  Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 112\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Queizán, María Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499148243 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 340286\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47278574993732,"sku":"9788499148243","price":18.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914824.jpg?v=1739832783","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/son-noxento","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}