{"product_id":"somos-un-pestanexo-radiante-na-terra","title":"Somos un pestanexo radiante na Terra","description":"\u003cp\u003e Un fillo escríbelle unha longa carta á súa nai, que non sabe ler. A carta é en realidade un exame de conciencia, un repaso aos elementos clave que foron conformando a súa identidade como fillo dunha familia de vietnamitas que fuxiu do seu país rumbo aos Estados Unidos e como mozo que descobre e asume a súa homosexualidade. Esta novela é asemade un testemuño do amor tenso pero innegable entre unha nai solteira e o seu fillo, e unha exploración brutalmente honesta da raza, a clase, a sexualidade e a masculinidade. Somos un pestanexo radiante na Terra trata tanto do poder de contar a propia historia como do silencio devastador de non ser escoitado. Con asombrosa urxencia e elegancia, Ocean Vuong escribe sobre persoas atrapadas entre mundos dispares e pregunta como podemos sandarnos e rescatarnos entre nós sen abandonar quen somos. A cuestión de como sobrevivir e como facer diso unha especie de alegría impulsa a novela debut máis importante en moitos anos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 240\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  HERCULES EDICIONES \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Vuong, Ocean \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788419754387 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 957072\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54423181459780,"sku":"9788419754387","price":19.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841975438.jpg?v=1741610996","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/somos-un-pestanexo-radiante-na-terra","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}