{"product_id":"sobre-a-poesia-ultima-de-manuel-maria-1976-1995","title":"SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)","description":"\u003cp\u003e Manuel MaríaDespois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal daintelectualidade galega é, sen dúbida ningunha, Manuel María. Esteprolífico escritor e altísimo poeta ocupa un lugar excepcional dentrodas letras galegas, por razóns literarias e extra-literarias. Manuel Maríaé o primeiro poeta mozo que se revela na posguerra, o autor máisfecundo da literatura galega das últimas décadas, unha das personalidadesmáis destacadas da cultura galega actual e o escritor que máisse afirmou no compromiso político co país e que mellor entronca onacionalismo galego de hoxe co galeguismo histórico.Formado culturalmente nun mundo rural que xa desapareceu enas tertulias dos cafés onde poñían cátedra de amor a Galiza os vellosgaleguistas, este autor iniciou a súa obra literaria aos dezanoveanos, cando o idioma galego estaba proscrito, nunha época en quesó o feito de escribir en lingua galega era xa un acto subversivo.Así, baixo o enorme lousón da ditadura franquista, foron nacendoos seus libros de poesía, narración e teatro, os recitais poéticos portodo o país e fóra de Galiza, os seus ensaios e as súas múltiplesconferencias e colaboracións xornalísticas, converténdose moi axiñana voz máis representativa da Xeración dos 50 e nun dos poetas galegosmáis importantes deste século. Tamén, pouco a pouco, o escritorvai asumindo un maior compromiso político coa súa nación,sendo un dos mozos que rompe co piñeirismo e que participa activamentedesde os anos sesenta na reorganización do nacionalismo,chegando incluso a ser concelleiro e candidato ao Senado. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 94\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Manuel López Foxo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484872863 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 358950\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47279085060420,"sku":"9788484872863","price":10.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487286.jpg?v=1739844427","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/sobre-a-poesia-ultima-de-manuel-maria-1976-1995","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}