{"product_id":"servicio-de-urxencias","title":"Servicio de urxencias","description":"\u003cp\u003e A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas... Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 192\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2002.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  De Toro, Suso \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483028278 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 88117\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242857709892,"sku":"9788483028278","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848302827_0cc94a80-6c48-4761-827f-3c6805cab00c.jpg?v=1739526238","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/servicio-de-urxencias","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}