{"product_id":"sera-correcto","title":"SERÁ CORRECTO?","description":"\u003cp\u003e Teño que erguerme cando me presentan a alguén? Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo?  Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo? Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa? Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?;unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro. Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversas situacións que nos presentan dú- bidas e que resolvemos como podemos, pero descoñecemos se foi aquela a maneira máis axeitada de facelo. Non obstante, saber como hai que comportarse tampouco é difícil e achega moita seguridade. Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... pois a falta dos bos modais é motivo de preocupación para estes últimos. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos. Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido -non esperen atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella-, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 88\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2017.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  HERCULES EDICIONES \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  BLANCO, CONCHA\/CANOSA, MARÍA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788494650239 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 515086\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47292725788996,"sku":"9788494650239","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849465023.jpg?v=1739993911","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/sera-correcto","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}