{"product_id":"semiotica-textos-selectos-charles-sanders-peirce","title":"Semiotica. Textos Selectos (Charles Sanders Peirce)","description":"\u003cp\u003e Semiótica. Textos selectos é unha mostra representativa das reflexións semióticas de Peirce no contexto da súa produción intelectual, o que permite observar como evoluíron ao longo da súa vida as principais ideas que sobre os signos, a semiótica, a lóxica, a filosofía ou o pragmatismo formulou o autor. Estas páxinas salientan por unha banda, a constancia e continuidade dos temas e eixes principais que constitúen a armazón do seu pensamento, manifestado nas múltiples propostas de definición e análise dos elementos fundamentais da súa filosofía (a doutrina das categorías, a importancia do signo, a análise triádica da semiose, o pragmatismo, etc.), e, por outra, os cambios, terminolóxicos e de perspectiva, que algúns deste mesmos temas foron adquirindo co transcorrer do tempo. Na escolma tamén ocupa un lugar moi destacado a correspondencia con Victoria Lady Welby por constituír a presentación máis sintética do pensamento semiótico de Peirce, onde el mesmo revela o que considera as súas principais áchegas semióticas, en particular, e filosóficas, en xeral. O conxunto desta escolma evidencia, finalmente, como a reflexión semiótica e filosófica de Peirce está orientada de xeito primordial a comprendérmonos como seres simbólicos, pois, sen esta reflexión, as outras dimensións que nos caracterizan como humanos ( a ética, a estética, a creativa, a científica, a discursiva...) non poder ser nin sequera entendidas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 664\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Sanders Peirce, Charles \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416183142 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 453669\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54283921719620,"sku":"9788416183142","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841618314.jpg?v=1739874851","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/semiotica-textos-selectos-charles-sanders-peirce","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}