{"product_id":"se-buscabas-un-deus","title":"Se buscabas un deus","description":"\u003cp\u003e Se buscabas un deus, a nova novela de Xabier Quiroga, non é exactamente a continuación de Atuado na braña, nin sequera -por moito que deixe resoltas as súas incógnitas- o seu complemento. Trátase dunha novela diferente, que fará que o lector matine nun futuro demencial que está aí ao lado, como agardando, para someter a vida e a persoa. A procura de Ivo, o rapaz protagonista, que arrinca do que semella un traballo universitario, convértese así nun pretexto para denunciar o que paseniñamente, se cadra sen decatarnos, acontece e deixamos pasar. Mesturando realidade e ficción, cun estilo novidoso e sorprendente forza narrativa, Se buscabas un deus vai atrapando ao lector no fío dunha inusitada trama que, ao tempo que presinte a desfeita, camiña parella á escolla do que nos quedará: resignarse ou buscar o amor e a liberdade. Tras o formidable éxito do seu debut con Atuado na braña, Xabier Quiroga nesta súa segunda novela longa, confírmase como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 496\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2006.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Quiroga, Xabier \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497824569 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242896703812,"sku":"88760","price":28.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849782456.jpg?v=1697826422","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/se-buscabas-un-deus","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}