{"product_id":"sarou-louzos","title":"Sarou Louzós","description":"\u003cp\u003e Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos -Sarou, nas Rías Baixas;e Louzós, no corazón da Galiza central-, con historias do máis escuro e violento realismo, rescatadas dos xornais e da nosa memoria común;e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo. Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro;en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día;e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soidade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio». \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 184\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Caride, Ramón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499144009 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 241677\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272757887300,"sku":"9788499144009","price":20.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914400.jpg?v=1739720641","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/sarou-louzos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}