{"product_id":"sangue-sabur","title":"Sangué Sabur","description":"\u003cp\u003e \"Nalgún lugar en Afganistán ou noutro sitio calquera\", así sitúa o autor este relato que ten como protagonista unha muller oprimida pola relixión, o matrimonio e a sociedade. Nunha cidade tomada polos tanques, vive entregada ao coidado do seu home, un heroe da Guerra Santa en estado vexetal, que converte na súa sagué sabur, na súa pedra de paciencia, unha pedra máxica que escoita as mágoas de quen llas quere confiar. Un día tras outro, a muller vai confesando o inconfesable, liberándose da súa dor, mesturando frustración con tenrura, pasado con presente. Nesta súa primeira novela en francés, pola que recibiu o Premio Goncourt, Atiq Rahimi denuncia, cunha prosa austera pero non exenta de lirismo, o fanatismo, a violencia e o sometemento da muller. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 108\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2011.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  RINOCERONTE EDITORA S.L. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Rahimi, Atiq \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788492866250 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47271950483780,"sku":"213513","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849286625.jpg?v=1698399034","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/sangue-sabur","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}