{"product_id":"ruta-botanica-polo-campus-de-lugo","title":"Ruta Botanica Polo Campus De Lugo","description":"\u003cp\u003e Esta guía percorre a ruta botánica, ó longo de dous quilómetros por Campus de Lugo. Con ela na man, o noso Campus mostra un aspecto absolutamente diferente. O paseo convértese nun exercicio didáctico, nunha aventura de descubrimentos botánicos para o profano, para o estudoso e mesmo para quen a botánica non garda segredos.O Campus de Lugo ofrece a súa riqueza de especies europeas, americanas e incluso africanas ou de Oceanía, entre as que podemos atopar algunhas híbridas, produto das prácticas de xardinería. Levan tempo aí, agardando a mirada e a clasificación por parte dos expertos e agora, grazas ó esforzo conxunto da USC e a Deputación de Lugo, esas singularidades adquiren protagonismo e, polo tanto, un novo valor. O valor da diferenciación grazas ó coñecemento.Nestas páxinas proponse unha ruta, a máis accesible, pero ó pasear polas máis de 34 hectáreas e media que ocupa o noso Campus decatarémonos de que non é o único recuncho verde por descubrir da provincia. Con máis do 50 % do seu territorio declarado Reserva da Biosfera pola Unesco, en Lugo poderemos imaxinar e inventar novas rutas cada día. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 237\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Pereira-Espinel Plata, Javier\/Rodriguez, M \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788493932879 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 453572\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47283702235460,"sku":"9788493932879","price":25.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849393287.jpg?v=1739874826","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/ruta-botanica-polo-campus-de-lugo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}