{"product_id":"rosalia-de-castro-estudios-sobre-a-vida-e-a-obra","title":"ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA","description":"\u003cp\u003e Esta obra monumental constitúe un utilísimo instrumento para calquera outra investigación sobre Rosalía de Castro. Temos á man documentación cronobiográfica fundamental, como a que demostra, por exemplo, a vida tan temperá da autora coa súa nai, en Padrón (segundo achado do finado Manuel Pérez Grueiro no rexistro deste concello), o que valerá de vez -esperamos- para desmontar fantasías sen fundamento ningún sobre as relacións materno-filiais. Temos un completo percurso pola crítica contemporánea de Rosalía, que nos ilustra sobre a recepción que a súa obra merecía. Fica debuxada unha biografía, con dados certos, tantas veces falseada ou ocultada;permítenos o libro practicarmos un itinerario crítico onde non se ocultan dados, autores, nin se furtan valoracións, cousa sempre de agradecer para os que estimamos que se xogue \\\"coas cartas boca arriba\\\" e non, como tantas veces padecemos, usando da \\\"vaporización\\\" orwelliana para facer desaparecer (como se houbese que asentir ao revival do \\\"Indice\\\") obras ben significativas e valiosas da fortuna crítica de Rosalía de Castro. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 438\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2015.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Andrés Pociña e Aurora López \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484872672 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 341554\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47278642037060,"sku":"9788484872672","price":29.99,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487267.jpg?v=1739833804","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/rosalia-de-castro-estudios-sobre-a-vida-e-a-obra","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}