{"product_id":"ricardo-carvalho-calero-a-ciencia-ao-servizo-da-nacion","title":"Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación.","description":"\u003cp\u003e Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase, que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado e querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómosllanós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos para dar conta -ben que mínima, significativa do inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica: comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos ( 1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica, discursos...: seis décadas de dedicación continuada á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento, erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamento científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega en xeral. Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos de hoxe. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 298\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  María Pilar García Negro \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874614 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 689416\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54319130313028,"sku":"9788484874614","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487461.jpg?v=1740256123","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/ricardo-carvalho-calero-a-ciencia-ao-servizo-da-nacion","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}