{"product_id":"reposteria-en-galicia","title":"Repostería en Galicia","description":"\u003cp\u003e ¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía. Desde os doces sinxelos que se poden facer na casa, sen precisar experiencia na cociña, aos de maior complexidade na súa elaboración, e desde os sabores de longa tradición aos máis innovadores, toda a repostería do país se dá cita nestas páxinas. Logo dun minucioso traballo de investigación, que levou os autores a percorrer física e bibliograficamente Galicia, aquí está o resultado;un libro esencialmente práctico que se divide en catro partes: unha historia da repostería en Galicia;trucos e advertencias;cremas, masas e outros complementos;e un impresionante inventario de 219 receitas, acompañadas dun pequeno comentario sobre a orixe, evolución e características do prato. As rosquillas, as deliciosas canas fritas, o clásico roscón, os melindres, a gorentosa bica, as natillas, os biscoitos, as chulas, os amendoados, a marmelada, a torta de chicharróns, as orellas, o arroz con leite, o queixo de tetilla, o flan de ovo, as papas de millo... \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 344\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2006.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Casalderrey, Fina;García, Mariano \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497824194 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 88058\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242854367556,"sku":"9788497824194","price":31.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849782419_ce25e82b-72e4-40be-89f8-3a5439e69209.jpg?v=1739526216","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/reposteria-en-galicia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}