{"product_id":"red-lion","title":"RED LION","description":"\u003cp\u003e Lolita Dinamita iluminou a cicatriz que atravesaba o seu rostro cun sorriso de satisfacción cando se decatou de que CaraDeTolo enviara un dos seus para facerse co control da venda de droga na zona. Sabía que chegara o momento que tanto esperara. Acompañada por un grupo de malnacidos, cuxas vidas xa viñan arruinadas de serie, Lolita Dinamita volve a un pasado que doe, a un lugar en estado de excepción onde se practica todo tipo de abusos de xeito sistemático e baixo a máis total e absoluta das impunidades. Red Lion lévanos a unha cidade calquera, a un arrabaldo onde emerxe o lado máis miserento da sociedade durante as vertixinosas horas en que unha muller decide darlle un envorco á súa vida para tomar a vinganza pola súa man. Centos de vidas truncadas, milleiros de historias silenciadas, corpos aldraxados, espíritos violentados. Morte, corrupción, vicio. A cara máis escura da humanidade quedara oculta baixo un limoeiro no patio traseiro do que no seu día fora un dos lugares máis famosos do país. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 140\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Alonso Alonso, María \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491513582 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 671665\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54316951929156,"sku":"9788491513582","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151358.jpg?v=1740226052","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/red-lion","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}