{"product_id":"razon-de-historia","title":"Razón de historia","description":"\u003cp\u003e Os estudos de Historia na Universidade de Santiago cumpriron cen anos no curso académico 2022-23, efeméride que, en canto memoria e conmemoración, supón unha fórmula idónea contra o esquecemento. En Compostela, os estudos superiores de Historia deron comezo dentro da Facultade de Filosofía e Letras, de modo paralelo aos de Química, que o facían na Facultade de Ciencias, uns principios certamente modestos e tamén serodios en comparanza coa maior parte das universidades españolas, dos que, con todo, foron xurdindo progresivamente diversas especialidades e, finalmente, licenciaturas. A través de sólidos estudos, de exhaustivas biografías e testemuños directos, esta obra coral, profusamente ilustrada, proporciona unha estampa, a un tempo evocadora e rigorosa, intensa e sensible, dun centro universitario senlleiro, que, lonxe de ancorarse na lembranza nostálxica, recolle o mellor dos seus cen anos para proxectarse no futuro. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 299\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Villares Paz, Ramón (Director) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788419679987 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 958926\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54423370236228,"sku":"9788419679987","price":30.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841967998.jpg?v=1741614973","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/razon-de-historia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}