{"product_id":"quero-andar-sen-rodinas","title":"Quero andar sen rodiñas!","description":"\u003cp\u003e Un divertido álbum sobre o crecemento e a resiliencia. Rino xa non é un cágado e aprendeu a andar en bicicleta. Con todo, non está contento. Quere ir sen rodiñas e manter o equilibrio como o señor Renato, que leva o xornal debaixo do brazo, como a señora Adela, que carga coa compra sen caer, ou como Laureano, o carteiro, que reparte o correo por toda a cidade... Pero para andar sen rodiñas non lle abondará coa súa vontade, necesitará que alguén lle axude. Unha historia sobre a importancia da vontade e da resiliencia como elementos fundamentais no proceso de aprendizaxe e de crecemento, aínda que tamén sobre a relevancia da axuda colectiva e da solidariedade. Unha obra con moito humor e imaxes cheas de detalle protagonizada por animais humanizados, coa cidade como pano de fondo. Esta obra foi finalista do XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 32\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2025.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Giacomazzi, Tobias \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788413433479 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 1005170\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54406062997828,"sku":"9788413433479","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343347_d16732ba-a995-46bc-93c0-c6cc47ebf464.jpg?v=1749495302","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/quero-andar-sen-rodinas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}