{"product_id":"que-non-te-aten","title":"Que non te aten","description":"\u003cp\u003e Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite. Unha carreira tola na que tamén están os veciños da granxa de O Penedo cos que non se leva. A nai de Marcos ocúpase do muxido e dos traballos da casa, mentres que o seu irmán Daniel e a súa cuñada Iria van co portátil a todas as partes para non perder nunca o control do que sucede nas vacarizas. Os avós coidan da horta e María, a súa irmá, despois de rematar a carreira, prepara oposicións nunha academia de Compostela.  Tras o éxito da súa primeira novela, As rapazas de Xan, no que recuperaba de forma conmovedora a memoria dunha aldea da Galicia dos anos cincuenta do século XX, Manuel Iglesias Turnes regresa con este potente relato da vida interior dunha aldea do noso tempo, dende a ollada das persoas novas que apostaron por construír alí as súas vidas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 280\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Iglesias Turnes, Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499149790 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 386406\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47281961402692,"sku":"9788499149790","price":20.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914979.jpg?v=1739865513","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/que-non-te-aten","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}